TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
RECICLAXE
Os veciños de Allariz reciclan o 40% de todo o lixo que xeran, para este ano o Concello marcouse o obxectivo de chegar ao 50% e fíxase a meta do 80% para o ano 2020. Estes datos foron facilitados onte polo alcalde alaricano, Francisco García, e o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, na presentación do balance do Programa RE de separación de materia orgánica, que cumple agora un ano.
Este proxecto pioneiro de reciclaxe de lixo e separacion de materia orgánica dotou aos veciños con composteiros individuais e creou unha rede de composteiro comunitarios. Neste momento a vila conta con 24 illas de compostaxe ubicadas na zona urbana e máis de 130 composteiros. Ademáis, púxose en marcha a máquina de tratamento de materia orgánica, no parque empresarial de Chorente, á que vai destinada a recollida porta a porta de materia orgánica de grandes productores, como hostaleiros e comerciantes.
Bernardo Varela resaltaba que o programa está acadando "cifras esperanzadoras", xa que un 40% do lixo se está a reciclar e recuperar nas distintas fraccións como orgánica, papel- cartón, vidro e envases e plásticos. Neste ano produciuse un incremento sustancial en todas as fraccións, aumentando a reciclaxe do colector amarelo (plásticos e envases) nun 12%, a do papel-cartón, nun 8% e a do vidro, nun 12%. "Somos posiblemente un dos concellos galegos que máis recicla", asegurou Bernardo Varela, quen sinalou que "atendendo a que a media galega de recollida de lixo supón uns 12 kilos por habitante ao ano, neste momento enAllariz estamos a triplicar esta cantidade, chegando a 31,4 kilos por habitante e ano".
O Programa RE supuso, entre maio e decembro de 2016, unha reducción de 9.000 euros na factura que lle pasa Sogama ao Concello pola recollida de residuos sólidos urbanos -factura que acada un total de 160.000 euros ao ano- e para 2017 o Concello agarda un aforro semellante. De tódolos xeitos, Bernardo Varela considera que "aínda queda moito por facer" e indicou que contemplan unha segunda fase de reparto porta a porta do caldeiro marrón no que se recolle a materia orgánica e ademáis, o concello centrará os esforzos na recollida de grandes productores.
O alcalde alaricano, Francisco García, resaltou o papel da Reserva da Biosfera de Allariz como "campo de experimentación de boas prácticas", xa que é o marco no que se desenvolven programas que serven de estímulo á producción local, fomentan o turismo, con iniciativas como o Festival de Xardíns ou promoven a concienciación social, como o Programa RE.
Para Francisco García, Allariz está a "xerar unha economía circular coa xestión do lixo" e o aforro que se consi gamos na factura de Sogama -que algúns meses chega aos 18.000 euros, como é o caso de agosto- "podémolo destiñar a contratación de persoal.
Rede de diálogo para compartir coñecementos
O Programa RE enmarcase nunha rede de intercambio de coñecementos, denominada Diálogos RB.net, cuxo obxectivo foi exposto pola coordinadora do proxecto, Cristina Herrero, e o membro do equipo de traballo Antonio Pou. Herrera sinalaba que estanse a recoller datos de cinco iniciativas de sustentabilidade que se están a desenvolver noutros tantos puntos de España, entre eles Allariz, co fin de reunir coñecementos e compartilos "para levar a cabo a elaboración de novos coñecementos".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 3 de noviembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 3 de noviembre