Alba Rodríguez: "Están aparecendo rosetas, unha cousa moi típica de Armea"
ENTREVISTA
A Directora de campo da campaña de escavación de Cibdá de Armea, Alba Rodríguez, explica os descubrimentos que se están a facer nas primeiras semanas de traballo
Unha nova campaña de escavacións estase a desarrollar no xacemento de Armea, en Santa Mariña de Augas Santas (Allariz). Alba Rodríguez, directora de campo da campaña, explica como está indo nas primeiras semanas.
Que novos descubrimentos fixéronse ao longo destas semanas?
De momento aínda estamos a comezar, escavando nas dúas áreas nas que traballamos normalmente. Unha que ten o atrio e toda a estructura de pedra. O ano pasado atopamos ao sur do atrio, unhas escaleiras que parecía que iba haber un segundo piso. Polo que estamos avanzando e ampliando a escavación cara alí. Xa nos primeiros días, quitando as capas superficiais, quedounos claro que vai haber novas habitacións cara o sur. Xa están aparecendo rosetas, unha cousa moi típica de Armea.
Como estase a desarrollar a famosa “Área 16”?
É o exterior da outra zona, xa que o ano pasado apareceu a casa castrexa, temos esperanza de ter máis información nese ámbito e poder reconstruir un pouco máis a ocupación da finca da Atalaia. Temos unha sondaxe arriba, abrindo os tendóns. Están saíndo cerámicas que parecen medievais.
Cal é o criterio para elexir os participantes da campaña de escavacións de Cibdá de Armea?
Intentamos ter unha paridade de homes e mulleres, e xente que ten experiencia coa xente que é a súa primeira escavación. Xente de fóra e xente de aquí. É un proceso que non é nada sinxelo, e que sempre demora case dous meses. Son todos rapaces espectaculares, e aguantan a calor de maneira heroica.
“Intentamos ter unha paridade de homes e mulleres, e xente que ten experiencia coa xente que é a súa primeira escavación”
“Contamos con máis de 150 solicitudes para entrar”
Cantas solicitudes tiveron ata o de agora?
Contamos con máis de 150 solicitudes para entrar na campaña de investigacións de Armea, e aínda séguennos chegando. Na segunda quincena veñen dous de Canarias.
Como se distribúen as quendas de escavación?
Desde o proxecto Armea contamos con dúas quendas de escavación: o primeiro do 15 ao 26 de xullo e o segundo do 29 de xullo ao 9 de agosto. O horario de traballo é de 08,00 horas a 15,00 horas, aproximadamente, e algunhas tardes farase tamén traballo de laboratorio (co lavado de material).
Quenes sodes os directores da escavación?
A campaña está dirixida por Adolfo Fernández (vicedecano da Facultade de Historia del Campus de Ourense e director científico da escavación), Patricia Valle (profesora de Arqueoloxía da Universidade de Vigo) e eu, Alba Rodríguez (directora de campo).
Que servizos ofrécense aos que participan na campaña?
Proporciónase manutención completa e aloxamento en Allariz. A comida do mediodía realízase nun restaurante da vila, mentres que o almorzo e a cea fanse no aloxamento.
Que entidades axudan a levar isto a cabo?
A Universidade de Vigo, a Xunta de Galicia e o Concello de Allariz participan na escavación do xacemento galaico-romano de Armea, que se está desenvolvendo nos meses de xullo e agosto. A convocatoria está dirixida fundamentalmente a estudantes (carreira, máster e/o doutoramento) de Historia, Arqueoloxía ou disciplinas afíns. O número total de alumnado conta con 16 cada quenda.
Perfil
Nome
Alba Rodríguez
Formación académica
Doctorada en Arqueoloxía
Cargo
Directora de campo da campaña de escavación do xacemento de Armea, en Santa Mariña de Augas Santas (Allariz)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
Jugando al Eurotrack Simulator
El streamer Pau Fuentes alucina con el Puente del Milenio en su recorrido por Ourense: "¡Vaya puentecito!"