Allariz acollerá un obradoiro de cultivo de cogumelos
A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz promoverá a celebración dun obradoiro de cultivo de cogumelos en troncos o vindeiro sábado, día 5 de novembro. A cita será na sede da fundación, na localidade de Paciños (Allariz), entre as 10,00 horas e as 14,00 horas; e entre as 15,30 horas e as 18,30 horas.
Entre outros contidos, os participantes coñecerán en profundidade os fungos, así como o xeito de acadalos dun xeito sinxelo. Neste senso, abordarase o modo de obter as sementes e de recolectar os cogumelos.
As persoas interesadas en anotarse ou obter máis información previamente poderán contactar coa fundación no enderezo formacion@fundacionrgf.org ou no teléfono 988 43 61 82.
Os alumnos, unha vez finalice o obradoiro en Paciños, levarán cadanseu tronco sementado e micelio para vindeiros cultivos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tren tecnológico
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias