Allariz desafía a chuvia e saca os maios ás rúas
A mocidade de Allariz tamén se sumou á festividade dos maios. Malia o tempo chuvioso, que lles impediu cantar as coplas ante o público, si puideron colocar as súas artísticas creacións, que quedarán expostas durante estes días na Alameda municipal
Allariz deu onte o pistoletazo de saída á tradicional festividade dos maios, que se desenvolverá durante a fin de semana na Alameda municipal.
Aínda que a celebración se cancelou pola ameaza de choiva, os maios quedaron expostos para que a xente poida gozar das fermosas creacións. Participaron na súa creación o CEIP Padre Feijoo, o centro de día de Allariz, o Centro de Valverde e a Associación A Alvariça. Os maios construíronse utilizando materiais como madeira, arpilleira e musgo, entre outros. Establecéronse premios en efectivo para os tres primeiros lugares en cada modalidade.
O 6 de maio, coñeceranse os gañadores. Por mor dar condicións meteorolóxicas de onte, o concurso de coplas non puido celebrarse. Estaba previsto que os rapaces cantasen as súas coplas co acompañamento musical do Grupo de Gaitas “De Pé Feito”, pero iso terá que esperar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la A-52 en la salida de Allariz
BALANCE DE LA COMARCA
Un año de punto y aparte en Allariz y Maceda
Lo último