TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
CAMPAÑA
Concello de Allariz e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo de auga, fomentan o consumo responsable de auga coa campaña “Está na túa man, pecha a billa cando toca”. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos veciños da importancia de realizar un uso axeitado dos recursos naturais.
Esta mensaxe de sensibilización difundirase a través de carteis informativos que se colocarán nos distintos edificios municipais, nas instalacións do servizo municipal de auga e nas redes sociais e páxinas web de ambas entidades.
A escaseza de precipitacións e as elevadas temperaturas que se esperan na época estival teñen un impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos. Para poder manter as reservas hídricas durante o período de vacacións é imprescindible realizar un consumo eficiente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último