Allariz propón música e contos para a familia
ACTIVIDADES
O obradoiro familiar celebrarase unha vez ao mes ata marzo, e o mércores hai contacontos na biblioteca alaricana.
O Concello de Allariz propón para hoxe un obradoiro para a cativada de entre 2 a 6 anos que combina contos, música e danza, e que require a participación activa de pais, nais e titores. A contacontos xienense Getse Valenzuela, responsable da dinámica, explicaba que se trata dunha actividade “para las familias, una clase de música y de danza con un toque de literatura, pensado para que los más pequeños compartan tiempo con sus padres y madres”.
Esta iniciativa terá lugar no segundo andar do Fogar dos Maiores, con dúas quendas: de 11:00 a 12:00 e de 12:00 a 13:00 horas. Os interesados terán outra oportunidade os vindeiros 15 de febreiro e 15 de marzo, podendo inscribirse nos teléfonos 988 55 40 59 ou 683 61 46 91 ou no correo fogardosmaiores@allariz.gal.
“Canticontos de Inverno”
O próximo mércores, 15 de xaneiro, Getse Valenzuela será tamén a encargada dun contacontos na biblioteca municipal para cativos de 3 a 8 anos. Inscricións ata completar aforo no teléfono 988 44 08 59 ou no correo cultura@allariz.gal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior