Andante celebrou en Allariz o seu aniversario
A directora de Turismo puxo en valor na vila alaricana a colaboración que a Xunta mantén con esta fundación, declarada de Interese Cultural Galego en 2017
Co obxectivo de homenaxear aos artistas que forman parte da colección Andante de arte contemporánea -entre eles, o deseñador Alberto Corazón, creador da obra 500 da colección; ou os galegos Xaime Cabanas, Paco Pestana, Carlos Valcárcel e Jorge Peteiro, entre outros-a fundación que leva o mesmo nome iniciou este venres en Allariz un encontro especial que se prolongará durante toda a fin de semana.
A proposta incluirá visitas guiadas, concertos, cursos de fotografías ou incluso actividades deportivas baixo o título Primeiro Encontro da Fundación Andante, unha iniciativa que contou onte coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Castro puido visitar así as preto de 30 lonas expositivas situadas dende hai varios días nas rúas do centro da vila e coas que a Fundación Andante quere celebrar o seu quinto aniversario ao tempo que amosa algunhas das pezas máis singulares da súa colección, composta preto dun milleiro de propostas artísticas de máis de 850 artistas procedentes de 25 países. Todas estas pezas foron doadas polos seus autores e teñen en común a forma de zapato como elemento vertebrador do conxunto.
A directora de Turismo puxo en valor na vila alaricana a colaboración que a Xunta mantén con esta fundación, declarada de Interese Cultural Galego en 2017, e coa que se puxeron en marcha diferentes proxectos artísticos. O último deles foi a mostra fotográfica Andante... Arte a pé do mar, que se desenvolveu o ano pasado no marco do programa O Teu Xacobeo.
Precisamente, a Xunta ten xa aberto o prazo de presentación de proxectos dentro da terceira edición deste programa, que permitirá levar a celebración do Xacobeo 21-22 por toda Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último