Anxo Quintana, xerente do Ecoespazo O Rexo de Allariz: "Agustín Ibarrola era unha persoa que facía arte incluso cando falaba"
25 ANOS DO ESPAZO
Entrevista a Anxo Quintana, ex vicepresidente da Xunta e xerente do Ecoespazo O Rexo de Allariz, cando se cumpren 25 anos da súa inauguración
Anxo Quintana, ex vicepresidente da Xunta e xerente do Ecoespazo O Rexo de Allariz, fala de como foi a inauguración da obra de Agustín Ibarrola en O Rexo, o 25 de xuño de 1999, fai 25 anos.
Como influiu a obra de Ibarrola en Allariz?
Influiu moito en diferentes aspectos, a obra de Ibarrola foi naquel momento unha infraestructura cultural e tamén turística. Ademáis de todas as que se estaban pondo en marcha. O obxectivo daquelo último, dos temas culturais, era poder contar cunha obra da magnitude que Ibarrola foi capaz de facer no Rexo, que en si mesma xa é xustificación máis que suficiente, sabiamos que iba ser un reclamo turístico. Naquel momento a batalla que se daba en Allariz era precisamente para intentar que viñera xente a Allariz. Hoxe, 25 anos despois, o obxectivo está cumprido, e agora o obxectivo é conseguir que esa xente siga vindo e, o mesmo tempo, que sexamos capaces de manter a identidade e a natureza dun lugar tan maravilloso como Allariz.
Vostede cando o coñeceu?
Eu tiven coñecemento de que estaba na pretensión xunto ca productora Fado, para facer unha obra importante en Galicia. Estaban buscando ubicacións, a min pareceume naquel momento que O Rexo era un lugar ideal para unha intevención como a que nos tiña afeitos Agustín. Eu non o coñecía, pero sabía que un gran amigo meu de Allariz, como César Portela, que foi un dos directores do plan urbanístico de Allariz, si que era amigo de Agustín Ibarrola dende facía moitos anos. Fomenteino con César, e foi el quen mo presentou e o trouxo a Allariz. Fumos ver o lugar e cando Agustín viu aquelo, dixo que aquel era o sitio para a súa obra.
Como era Agustín?
Agustín era unha persoa que facía arte incluso cando falaba. Unha persoa cunha profunda inspiración, dunha enorme sensibilidade, artística e humana. Era a radiografía dun vasco que quería ser vasco cada minuto da súa vida. Unha xenerosidade auténticamente impactante, e sobre todo, tamén unha persoa comprometida. Agustín finalmente puxo a súa obra no Rexo porque o espazo para el era ideal, pero fíxoo tamén porque estaba o espazo en Allariz, e en Allariz estábase pondo en marcha un proxecto de desenvolvemento rural e sostible, pensado para toda a xente. Agustín sempre pensaba en toda a xente antes que pensar nel.
Ten algunha pintura favorita de Ibarrola?
Son dúas maquetas que fixo antes de poñerse cas pedras e cas árbores, e que me regalou. Téñoas expostas aquí na miña casa, para min son as mellores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
FORMACIÓN Y BECAS QUE IMPULSAN
Las becas Benigno Moure llegan a 129 beneficiarios
SIN PERDER SU CARÁCTER OURENSANO
Fundación San Rosendo se sitúa entre los 11 mayores grupos asistenciales de España
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Sábado, 20 de diciembre