TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
O Concello de Baños de Molgas levará a cabo hoxe unha actividade colectiva encamiñada a mover conciencias e a loitar contra a violencia machista e en favor da igualdade de xénero.
Tal e como informou a voceira municipal, María Mangana, a iniciativa consistirá en pintar conxuntamente o muro dun parque infantil rematado recentemente no rúa do Agro. Nesta actividade, que arrancará ás 10,30 horas; participarán, ademais de mulleres do concello, un grupo de nenos e nenas da localidade.
O obxectivo é, tal e como subliñou Mangana, “reivindicar dende o noso concello a igualdade e a nosa loita contra a violencia de xénero”. Así, o novo espazo lúdico que teñen os pequenos de Molgas, que se inaugurará próximamente, será tamén un punto de reivindicación neste concello.
O Concello de Baños de Molgas non contaba cun parque destas características e acondicionouse en marzo deste mesmo ano. Ademais, na mesma actuación, consolidouse o muro exterior, que se atopaba moi deteriorado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último