ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
A Universidade de Vigo e o Concello de Baños de Molgas buscan voluntarios para o seu proxecto de escavación e investigación no Castro da Acea, no propio concello de Baños de Molgas, que se desenvolverá este verán. Concretamente, ofértanse tres prazas de voluntariado que incluirán aloxamento e a comida do mediodía.
Os traballos levaranse a cabo en dúas fases: unha primeira irá dende o 23 de agosto ao 3 de setembro e centrarase na fase de escavación e, a segunda -do 6 ao 22 de setembro-, comprenderá o periodo de traballo con materiais. Neste último caso, soamente poderán participar os alumnos e alumnas da Universidade de Vigo e as investigacións realizaranse no laboratorio. O alumnado deste centro universitario que participe poderá recoñecer o seu traballo como prácticas académicas.
As inscricións poden realizarse mediante o enderezo proxectoarmea@gmail.com indicando como asunto “Inscrición Castro da Acea”. É necesario, no mesmo correo electrónico, precisar todos os datos persoais das persoas interesadas. O prazo límite para remitilos será o vindeiro día 10 de agosto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
Lalo Pavón
O AFIADOR
Xa non nos queda Portugal
José Luis Fernández Carnicero
MI PLAN PERFECTO
Lembranzas en Catalunya