TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
FESTA DO BOI
Os máis pequenos foron os protagonistas da xornada de onte na Festa do Boi que se celebra en Allariz. A asociación Xan de Arzúa, organizadora da Festa, programou un amplo programa de actos para que os cativos vaian asumindo o espíritu da celebración.
Comezou cun espectáculo de monicreques sobre "A Historia de Xan de Arzúa", na Praza de Abaixo e seguíu coa procesión medieval infantil "O Xanciño de Arzúa" , na que participaron centos de rapaces, acompañados os máis cativos polos seus pais e que discorreu desde a Praza de Abaixo ata a Alameda, onde os pequenos poideron disfrutar dunha merenda infantil ofrecida pola organización.
O programa de actividades rematou cunha carreira infantil do boi, que encheu as rúas da vila de risas e diversión.
O resto da xornada de onte incluíu as habituais carreiras matutina a vespertina, que transcurriron sen incidentes algún e con moita participación na da tarde.
O programa da Festa previsto para hoxe, xoves, aparte das carreiras diarias do boi, que neste caso serán ás 08,00 e ás 20,30 horas, inclúe unha cea para os veciños que terá lugar no campo da Barreira e que irá seguida de verbena.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último