Celestino Feijóo: "O Festival de Xardíns de Allariz ten cada vez máis solera e tamén recoñecemento"
Este arquitecto técnico, traballador do Concello alaricano, lidera, dende a súa primeira edición, todos os traballos do Festival Internacional de Xardíns.
Celestino Feijóo estuda pormenorizadamente todos os proxectos presentados para facelos realidade coordinando a un equipo de 12 traballadores municipais. Un traballo metódico, no que nada pode fallar. O evento regresará no mes de maio como a grande aposta do Concello para o ocio ao aire libre e estará adicado á poesía.
Cal é a súa función no Festival Internacional de Xardíns?
Eu son o encargado de poñer en funcionamento o festival. Organizo e estudo detidamente os proxectos en canto a plantas e materiais. É necesario telos todos na memoria para dirixir os traballos dun xeito áxil é rápido.
Cantos proxectos recibiron este ano?
Ao redor de 38. Desas propostas escolléronse 10, dos que os responsables tiveron que remitir os proxectos definitivos. A parcela oito resérvase para as ideas do instituto e do colexio de Allariz e despois hai outra, que se mantén todo o ano, que é a ganadora.
O premio para o gañador, ademais de facer realidade a súa proposta, é un gran recoñecemento.
O recoñecemento, primeiro, está en ser escollido, porque o festival cada vez ten máis solera. Se aínda por enriba se é gañador, a nivel de revistas técnicas na materia que o poidan recoller ou de recoñecemento é moi importante para un paisaxista porque este festival xa é recoñecido internacionalmente.
De onde proceden as propostas para este 2021?
De Galicia, que de feito é sobre Rosalía de Castro; de Colombia, Japón, Argentina, Austria, Madrid e Portugal.
Cal é o perfil dos participantes?
Normalmente adoitan ser técnicos paisaxistas, pero tamén pode haber arquitectos, enxeñeiros ou, incluso, persoas que non teñan estudos pero si moita afección á xardinería.
O ano pasado o evento tivo que suspenderse por mor do covid, ¿como é o de comezar de novo?
O ano pasado tivemos que plantar pola pandemia, e este ano non empezamos de cero, pero é como se o fixéramos. Durante todo este tempo, como o festival permaneceu pechado, cando chegamos aquí estaba todo alborotado. Mais que un replanteo ou movemento de terra, tivemos que facer un desbroce.
Cantos operarios municipais traballan no equipo do festival?
Dous grupos do Concello, de obras e de xardinería. Pero son un pouco interdisciplinares, axúdanse entre eles. Adoitan ser uns 12 traballadores municipais.
Teñen nos invernadoiros sempre todas as clases de plantas que veñen nos proxectos?
O problema que se pode plantexar é que na proposta haxa tipos que non se axusten á climatoloxía ou que non poidamos conseguir, pero podemos, polas bases, substituilas por outras parecidas.
Qué tipo de creacións vai a haber nesta edición?
Diversas. Hai parcelas que primarán moito a planta, e outras a construcción. Este ano, por primeira vez, temos unha proposta que é todo planta seca recolectada en Madrid. A proposta de Rosalía de Castro mestura planta autóctona e hortalizas.
Que premian os votantes?
Hai dous tipos, os que votan a riqueza en planta, a culminación de cores; e os que prefiren a espectacularidade do conxunto.
Que é o máis complicado de organizar este festival?
O máis complexo é ter que coordinar a todo o mundo implicado no traballo con todas ás parcelas e ao mesmo tempo. Non pode fallar ningún detalle, sobre todo, no replanteo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
CIENCIA EN OURENSE
Del espacio al microscopio: la ciencia en Ourense tiene rostro de mujer