CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
CONSERVAS VEXETAIS OU FROITAS
A Deputación, a través do Inorde, inicia a formación dos futuros usuarios do Centro Colaborativo de Transformación para pequenas producións sostibles, situado na estación de ferrocarril de Cantoña (Paderne de Allariz), actividade formativa que lles capacitará para realizar producións relacionadas coas conservas vexetais, froitas, verduras ou produtos apícolas.
As primeiras accións formativas a desenvolver céntranse en hixiene e manipulación de alimentos, prevención de riscos laborais, e trazabilidade, documentación e cumprimentos de normas. Neste último curso, o alumnado poderá coñecer as normativas sanitarias para elaborar conservas vexetais artesanais e para o deseño do etiquetado, entre outros contidos que inclúen prácticas de elaboración de documentos para uso individual e colectivo no propio centro.
Este centro enmárcase na estratexia provincial de impulso a producións sostibles de alto valor engadido, e contará cun espazo interior adaptado a tres diferentes liñas de produción, entre as que se atopan unha especializada en transformación de froitas e conservas vexetais, e outra de envasado do mel e produtos derivados das colmeas.
Os interesados en realizar estas accións formativas poden inscribirse vía online ou nas oficinas do Inorde en Ourense ou Xinzo de Limia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
SOCIEDAD CIVIL ESPAÑOLA
PP y Vox secundan una marcha en Madrid para exigir elecciones y juzgar a Sánchez por traición
RECLAMAN PRESUNCIÓN DE INOCENCIA
La Policía defiende su actuación en el desahucio de Maricarmen: "Nos limitamos a cumplir una orden judicial"
CERCANÍA A AS MEAUS
Estabilizado el incendio en Calvos de Randín tras calcinar 460 hectáreas