Os escritores e os axentes editoriais, protagonistas do Festival Literario
LITERATURA
Participarán Antón Riveiro Coello, Carlos Meixide, Marta Orriols, Berta Dávila, Marina Penalva y Bernat Fiol
Volve o FLAZ a Allariz co obxectivo de consolidar un espazo de encontro entre a comunidade lectora e todas aquelas persoas que forman parte da cadea de valor do libro. Os días 5 e 6 de xullo, o Festival Literario de Allariz acolle os autores Antón Riveiro Coello, Carlos Meixide, Marta Orriols e Berta Dávila, e os axentes literarios Marina Penalva e Bernat Fiol.
O Festival Literario de Allariz, nacido en 2022, é un proxecto de acción para a promoción e o fomento da lectura, que reúne durante dúas xornadas figuras da narrativa peninsular, da man da libraría Aira das Letras e do Concello de Allariz.
“Memoria e historia na novela”, un diálogo entre Antón Riveiro Coello e Carlos Meixide, será o primeiro encontro deste terceiro FLAZ, na tarde do 5 de xullo, na Sala de Exposicións A Fábrica de Allariz.
"Todo o que quixo saber sobre os axentes literarios e nunca se atreveu a preguntar” é o título do diálogo entre Marina Penalva e Bernat Fiol, que terá lugar o sábado 6 de xullo ás 12,00 horas, na Fábrica de Allariz.
Xa na tarde do sábado, encontro entre dúas autoras: Marta Orriols e Berta Dávila baixo o título “A vida cotiá como materia prima na literatura actual”.
“Escribir e publicar non son a mesma cousa”. Así se titula a mesa redonda coa que a programación do FLAZ 2024 rematará o sábado ás 19,30 horas, coa participación de todas as figuras convidadas: Antón Riveiro Coello, Carlos Meixide, Marina Penalva, Bernat Fiol, Marta Orriols e Berta Dávila. Conversas, sinaturas e visitas ao patrimonio da zona formarán parte do festexo da lectura e do libro.
O FLAZ conta co apoio de Xeitura Patrimonio Sociedade Cooperativa, Fina Rei, os restaurantes Fio de Liño e Alarico, a libraría Maruxairas e Aira Editorial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
42 REPRESENTANTES
Ribeira Sacra exhibe su riqueza natural en la Cumbre del Paisaje
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Diez años caminando juntos
"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura