A Festa do Boi de Allariz manterase viva con exposicións e sorpresas
Eventos
Dende Xan de Arzúa animan aos veciños a saír vestidos co traxe do seu gremio o día 30 de maio
Manter viva unha celebración con más de 700 anos de historia é o obxectivo das iniciativas que, dende a Asociación Cultural Xan de Arzúa de Allariz, están preparando para conmemorar a Festa do Boi este mes de maio. Por mor da situación derivada da pandemia do covid-19, os promotores da celebración máis senlleira da vila alaricana decidiron, novamente, adiala ao vindeiro 2022, pero celebrarán a efeméride con diversas actividades pensadas para todos os públicos entre o 29 de maio e o 6 de xuño. O pasado 2020, a festa, que estaba prevista para a semana entre o 6 e o 14 de xuño, tivo que suspenderse en abril, dous meses antes, debido á delicada situación sanitaria que atravesaba o país.
A decisión de suspender formalmente a festa como tradicionalmente se leva a cabo adoptouse nunha xuntanza celebrada durante a pasada fin de semana entre a directiva de Xan de Arzúa e as persoas que forman parte do colectivo. Nese momento chegouse á conclusión de que “a situación actual, tanto social, económica e sanitaria que vivimos, non é a mais axeitada para o desenvolvemento da Festa”, esgrimiron fontes da agrupación. Sen embargo, e aínda que o boi non percorrerá as rúas do casco histórico alaricano neste 2021, estará presente por medio de varias actividades como por exemplo un pano especial deseñado para esta ocasión e que se poderá adquirir nalgúns establecementos da vila por un prezo simbólico de un euro.
Por outra banda, nas próximas semanas inaugurarase unha mostra fotográfica sobre a Festa do Boi que se poderá visitar nas propias rúas de Allariz.
Historia
Dende a asociación lembraron que, unha parte importante da festividade ten que ver co seu compoñente histórico e que se materializa, ano tras ano, nunha representación teatral -a procesión teatralizada Xan de Arzúa- na que participan unha vintena de gremios: “Aínda que neste momento non é posible desenvolver esta recreación histórica, si que dende a Asociación animamos, como xa ocorrera no 2020, a que todas aquelas persoas que así o queiran, saian á rúa o domingo 30 de maio vestidas co traxe do seu gremio”, propoñen dende a asociación.
Por outro lado, dende Xan de Arzúa non se esquecerán dos máis pequenos xa que “eles gozan da Festa do Boi tanto ou máis cos adultos” e, por este mesmo motivo, “tamén terán algunha que outra sorpresiña durante esa semana.
Por ultimo, a Asociación Cultural Xan de Arzúa instou a veciños e participantes habituais nesta festividade contribúan a mantela viva aportando cada un pola súa banda “o seu gran de area” e animando, en definitiva, “a contaxiar a toda a cidadanía do sentimento que temos da Festa do Boi”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la A-52 en la salida de Allariz
BALANCE DE LA COMARCA
Un año de punto y aparte en Allariz y Maceda
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago