A Festa do Boi volverá a Allariz do 11 ao 19 de xuño
Música, teatro e encontros populares, entre as actividades durante os nove días da festa
Allariz xa conta os días para a celebración da Festa do Boi 2022, do 11 ao 19 de xuño. Integrantes da Asociación cultural Xan de Arzúa, encargados da organización da Festa, acompañados por Cristina Cid, alcaldesa de Allariz; Bernardo Varela, tenente alcalde, e Alberto Conde, concelleiro de Cultura, presentaron onte a volta desta festa. Na cita tamén estivo presente o ilustrador Miguel Robledo, deseñador da imaxe -cun aspecto mitolóxico- promocional desta edición.
“Parte da programación está aínda sen pechar, pero a finais de mes poderemos dar a coñecer as actividades totais que encherán as rúas de Allariz”, explicaba Juan Antonio Seara, membro de Xan de Arzúa. Así, durante nove días desenvolveranse actividades musicais, teatrais, encontros populares e saídas do boi que farán que a veciñanza e os visitantes poidan gozar de novo da Festa do Boi.
Dende a organización apostan polo carácter cultural e histórico da cita, potenciando actividades como a procesión medieval, na que participan máis de vinte gremios. Tamén os cativos terán o seu espazo con carreiras de boi infantís, espectáculos de monicreques e unha merenda infantil.
Pola súa parte, Cristina Cid remarcou a importancia que ten esta festa para Allariz como axente de cohesión entre xeracións. “Actividades como a representación histórica, a cea popular e a organización da festa, que contan co apoio do Concello, asegura o éxito do evento. Isto é parte da nosa historia e da nosa tradición”, concluíu a rexedora municipal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la A-52 en la salida de Allariz
BALANCE DE LA COMARCA
Un año de punto y aparte en Allariz y Maceda
Lo último
RELACIONES INTERNACIONALES
Cantabria explora nuevas oportunidades comerciales con El Salvador
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves, 5 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este jueves, 5 de febrero, en Ourense