O Festival Literario de Allariz contará coa Feira de Editoras Galegas
CULTURA
O venres 5 xullo comezan as actividades, ás 17:00 horas, no concello ourensán. Durante o sábado, no Parque da Alameda, terá lugar a Feira de Editoras Galegas.
Volve o Festival Literario de Allariz (FLAZ) para consolidar un espazo de encontro entre a comunidade lectora. Os días 5 e 6 de xullo, estarán presentes os autores Antón Riveiro Coello, Carlos Meixide, Marta Orriols e Berta Dávila, e os axentes literarios Marina Penalva e Bernat Fiol.
O venres 5 xullo comezan as actividades, ás 17,00 horas, co roteiro polo casco histórico de Allariz da man de Xeitura Turismo Cultural, na Praza do Matadoiro. A continuación, ás 19,30 horas, “Memoria e historia na novela”, un diálogo entre Antón Riveiro Coello e Carlos Meixide, na Sala de Exposicións A Fábrica.
O día seguinte, de 11,00 horas a 21,00 horas, terá lugar a Feira de Editoras Galegas, no Paseo da Alameda, onde participan Antela, Cuarto de Inverno, Patasdepeixe, Boadicea, Los Libros del Salvaje, Rinoceronte, Rodolfo e Priscila e Aira Editorial. Despois, ás 12,00 horas, será o turno de “Todo o que quixo saber sobre os axentes literarios e nunca se atreveu a preguntar”. Un diálogo entre Marina Penalva e Bernat Fiol, na Sala de Exposicións A Fábrica.
Para continuar, ás 17,30 horas, “A vida cotiá como materia prima na literatura actual”. Un diálogo entre Marta Orriols e Berta Dávila, na Sala de Exposicións A Fábrica. Para rematar o FLAZ, ás 19,30 horas, “Escribir e publicar non son a mesma cousa”. Unha mesa redonda con todos os convidados: Antón Riveiro Coello, Carlos Meixide, Marina Penalva, Bernat Fiol, Marta Orriols e Berta Dávila, na Sala de Exposicións A Fábrica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
CATEDRAL DE SANTIAGO
Un centenar de internos de San Rosendo recorren la Vía de la Plata
OFRENDA DE LAS MADRES
Una tradición ourensana que no deja de crecer en Fátima
PRESUPUESTOS MUNICIPALES
El PSOE llama “titiritada” a las cuentas de Jácome