Os fornos de Niñodaguia darán vida á cerámica
A localidade celebrará a terceiraedición da Fornada tradicional e Fiadeiro o vindeiro 1 de abril
Unha das datas subliñadas en vermello na provincia en cada primavera é a Fornada tradicional e Fiadeiro de Niñodaguia, unha cita de grande interese etnográfico que amosa o xeito no que o fío, a cerámica e os fornos tradicionais teñen a súa raiz nesta localidade de Xunqueira de Espadanedo.
A terceira entrega deste evento vivirase o vindeiro 1 de abril e contará con actuacións musicais e o emblemático acendido dos fornos e fiadeiro, así coma un xantar popular.
A xornada, organizada pola Asociación Cultural Amigos do Barro de Niñodaguia, a Asociación de Veciños de Niñodaguia e a Comisión de Festas de Niñodaguia, forma parte do programa “Días Europeos da Artesanía”, coordinado pola Fundación Artesanía de Galicia. Conta tamén coa colaboración do Museo Taller de Olería de Niñodaguia e do Concello de Xunqueira de Espadanedo.
A programación prevista para a mencionada data foi presentada este xoves en Ourense da man do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o presidente da Asociación Cultural Amigos do Barro de Niñodaguia, Agustín Vázquez e a representante da Asociación de Veciños de Niñodaguia, Rosa María Gallego.
Os fornos acenderanse a partir das 11,00 horas do vindeiro día 1, momento no que dará comezo a actividade artesá. Logo da sesión vermú que ofrecerán Os do fuelle, terá lugar o xantar popular. Para participar será necesario anotarse previamente e o prezo da inscrición -12 euros a xeral, gratis para os menores de seis anos e oito euros para os que teñan entre seis e 12 anos- incluirá un prato e unha cunca da alfarería tradicional de Niñodaguia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
Iván Ares lidera La Nucía con varios pilotos muy igualados
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas