CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
O pasado venres 12 de xullo, tivo lugar un encontro institucional entre a Fundação José Saramago e a Fundación Vicente Risco, encabezado polas presidentas de ambas as dúas institucións, Pilar del Río e Celia Pereira.
A reunión foi na sede da Fundação Saramago, na Casa dos Bicos, en Lisboa, no marco do convenio asinado entre a Fundación Vicente Risco e a I Cátedra José Saramago da Universidade de Vigo, que dirixe Burghard Baltrusch, que, deste modo, comeza a dar os seus froitos e, na mesma, abordáronse proxectos en común para realizar no futuro que se irán anunciando oportunamente.
O obxectivo da Fundação José Saramago e a Fundación Vicente Risco é difundir a obra do Nobel portugués, José Saramago, e o traballo da fundación que leva o seu nome, así como todos os traballos que desenvolve a I Cátedra José Saramago da Universidade de Vigo en Galicia e tamén afondar no coñecemento da obra de Vicente Risco e a cultura galega en Portugal.
A maiores, a Fundación Vicente Risco, co ánimo de chegar a todos os públicos e colaborar coa consecución dunha sociedade máis inclusiva, vén de editar o libro “Galicia é un mundo”, onde se recollen 50 citas de Vicente Risco, ao sistema braille para facelo accesíbel a persoas que teñen discapacidade visual.
Trátase dun texto que xa está dispoñíbel en dez linguas distintas de todo o mundo e agora ábrese a este colectivo.
Hoxe, martes día 16 de xullo, ás 11,30 horas, a Fundación Vicente Risco encargase da presentación pública e entrega de exemplares para a Biblioteca pública de Ourense Nós.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
"COMPLICADAS CONDICIONES"
Dimite el primer ministro de Suecia tras la victoria del bloque izquierdista en las elecciones