CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
De que trata este libro?
É o estudo dunha parte da documentación que apareceu na antiga Casa Parroquial de Allariz sobre a exparroquia de San Pedro, templo do que parte a procesión medieval da Festa do Boi. Decidinme a facelo buscando, sobre todo, algún indicio histórico sobre a Festa do Boi, vencellada ao Corpus Christi, e que conta cun peso histórico e cultural moi importante en Allariz. O que fixen foi transcribir toda a documentación que apareceu na confraría.
En que ano apareceu esa documentación?
No ano 2018 coa marcha do anterior párroco, Manuel Rodicio. Son documentos inéditos dos que nós tiñamos constancia. Nunha das salas da casa atopouse documentación da Igrexa de San Pedro e de outras. Dende a parroquia puxéronse en contacto co Concello e eu axudeilles a facer a catalogación para, posteriormente, remitir os achados ao Arquivo Histórico Diocesano de Ourense. O documento máis antigo era de 1368 e os máis recentes do século XIX.
Cantos documentos se atoparon?
Os vencellados á confraría debían ser en torno a 100.
Estaban en bo estado de conservación?
Moi ben. De feito, un párroco do século XVIII fixera unha clasificación e aquelo facilitou moito a catalogación recente.
A Festa do Boi ten unha orixe relixiosa?
Pensabamos que na documentación relixiosa aparecería algunha alusión á utilización dalgún animal dentro da festividade do Corpus. Non foi así. Sen embargo, na documentación civil, é dicir, nos libros de acordos do Concello do século XVIII, si que aparece mención á utilización do Boi de Xan de Arzúa dentro da organización que fai o Concello dunha serie de actividades dentro do Corpus -o documento inclúese no libro escrito por Seara-. Con esto chegamos á conclusión de que a festa do Corpus estaba organizada por dúas entidades: a civil e a relixiosa e cada unha delas tiña as súas pautas. Ninguna aludía á outra, é curioso.
Que achado curioso atopou con respecto á confraría?
A confraría era a encargada de organizar todas as actividades nos días de festa. Un dos feitos máis importantes e, sobre o que xira o libro, é a aparición dos estatutos. Tamén hai un documento, de 1366, que reflexa a entrada de dúas mulleres na confraría. Ademais dise feito, que é curioso, ter un documento desa data pode constatar que a festividade -Corpus e Festa do Boi- xa se estaba celebrando dende ese momento -os primeiros indicios apuntaban xa a 1317-.
Ten a inquedanza de seguir indagando sobre Xan de Arzúa?
Penso que aparecerán documentos sobre ese personaxe. Aquí sempre dicimos que aínda falta moito por escribir sobre a historia de Allariz
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico