CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
“A memoria das aldeas” é un novo proxecto que se está a desenvolver dende Allariz en colaboración coa Plataforma Galicia Nomeada e que pretende recopilar a toponimia de todos os pobos que integran o concello para evitar a súa desaparición. Trátase, concretamente, de recoller o nome de terras, regatos, penedos ou fontes deste entorno, xa que moitos so existen xa na memoria das persoas maiores.
Representantes das áreas de Cultura e Igualdade -baixo a coordinación de Cristina Outeiriño, técnica de Igualdade- están recorrendo os pobos da vila para, da man de asociacións veciñais, realizar este plan que pretende afondar e preservar a memoria alaricana. As primeiras agrupacións en participar neste proxecto colaborativo foron a de Nanín e a de Santa Marta de Roiriz. Durante os vindeiros catro meses, “A memoria das aldeas” chegará a Torneiros, San Mamede de Urrós, Roimelo, Queiroás, Valverde, Coira, Meire, O Mato, Seoane, Outeiro e Gundiás. Neste senso, dende o Consistorio solicitaron a colaboración veciñal -dende as persoas máis novas, ata ás máis maiores- para, insisten dende a administración local, “colaborar para preservar e salvagardar o patrimonio colectivo tan rico que hai no noso territorio”. Neste senso, esta iniciativa comezou a rodar neste mes de xaneiro e prolongarase ata o mes de maio, percorrendo un total de 12 asociacións veciñais de Allariz.
A Alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, lembrou a importancia de recoller toda esta información histórica e etnográfica para que non se perda, e agradeceu a súa implicación a todas as persoas que xa colaboraron con esta nova e importante iniciativa
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
PLAN DE CHOQUE ECONÓMICO
El PP exige al Gobierno IVA al 0% para el pescado y más ayudas al gasóleo
SOCIEDAD CIVIL ESPAÑOLA
PP y Vox secundan una marcha en Madrid para exigir elecciones y juzgar a Sánchez por traición
RECLAMAN PRESUNCIÓN DE INOCENCIA
La Policía defiende su actuación en el desahucio de Maricarmen: "Nos limitamos a cumplir una orden judicial"