Novas vivendas de promoción pública, na rúa Irmandade de Allariz
As vivendas -que teñen unha superficie útil de 51,28 metros cadrados e 50,46 metros cadrados, respectivamente; e constan de salón-comedor, cociña, un dormitorio, un baño, lavadoiro, vestíbulo e garaxe- foron adxudicadas en réxime de alugamento,
Novos inquilinos entrarán a ocupar dúas vivendas de promoción pública en Allariz, concretamente as ubicadas na rúa da Irmandade, onde se construiran no seu momento un total de 32. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, foi o encargado de facer a entrega das chaves este mesmo mércores en Ourense.
As vivendas -que teñen unha superficie útil de 51,28 metros cadrados e 50,46 metros cadrados, respectivamente; e constan de salón-comedor, cociña, un dormitorio, un baño, lavadoiro, vestíbulo e garaxe- foron adxudicadas en réxime de alugamento, cun prezo que non pasará dos 100 euros ao mes, sempre en función dos ingresos das persoas adxudicatarias.
O delegado territorial explicou durante o acto de entrega que as persoas beneficiarias xa poden facer uso das vivendas de inmediato e resaltou que esta actuación “é unha mostra máis do apoio que mantén o Goberno galego aos cidadáns para facilitar o acceso á vivenda”.
O mecanismo para acceder a unha vivenda de promoción pública é a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda (Rudevi). Neste senso, as solicitudes poden presentarse opcionalmente por medios electrónicos ou de xeito presencial a través de cita previa.
Segundo puntualizaron dende a Xunta de Galicia, ao longo do ano 2021 efectuáronse, incluíndo estas vivendas, 15 entregas en segundas ou posteriores adxudicacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
TRASLADADA AL HOSPITAL
Dos detenidos tras golpear a una trabajadora intentado atracar un estanco en Lalín