TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
+ DEPORTE LA REGIÓN
O Concello de Paderne de Allariz acolleu durante a tarde deste martes, a partir das 20,30 horas, unha das actividades deportivas de +Deporte La Región, na pista de baloncesto situada en fronte ao concello, cunha duración dunha hora.
A sesión, impartida polo instrutor Alejandro Alonso, garantiu exercicio e relaxación. “Eu levo oito anos practicando ioga, e o que eu fago chámase Hatha Ioga”, explica o monitor.
Esta actividade de ioga creouse hai 125 anos. “É unha variante que é moi xoven no ioga, comparado co que é o propio ioga, que ten ao redor de 5.000 anos, nacendo na India”, detalla Alejandro.
O que busca este estilo de ioga é levar a práctica ao “noso estilo de vida”, define o instrutor. “É un ioga que se adapta moito ao estilo de vida actual. Busca achegarse a todo o mundo, tendo unha capacidade moi grande de adaptación, axudando a relaxar o corpo e a mente”.
Para Alejandro, o ioga é “para todo o mundo, para todas as idades. O que pasa é que hai que adaptalo a esas persoas”. Hai certos estereotipos que están arraigados na poboación que para o monitor son “erróneos”.
Paderne de Allariz puido vivir a experiencia da actividade de Alejandro, comezando cunha activación de 10 minutos, relacionada co pilates. Despois desa activación, fíxose un Surya Namaskar, “saúdo ó sol”, un exercicio dinámico que busca concectar co ceo e coa terra. ”Un exercicio que facían e que fan os ioguis e as ioguinis cando se espertan no día, para agradecer a chegada do sol do novo día”. Para finalizar, realizouse a táboa de asanás, que consiste nunhas posturas mantidas, axudando a fortalecer os músculos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último