CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural está a investigar a titularidade e revisión do parcelario no polígono agroforestal de Solbeira, no concello de Paderne de Allariz, cos traballos de levantamento topográfico.
Os resultados destes labores permitirán actualizar o catastro da zona, así como avanzar no proceso de aprobación e posta en marcha desta iniciativa, enmarcada na Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia e que abrangue unha superficie de 43,36 hectáreas, distribuídas en 317 parcelas de máis de douscentos propietarios.
Este é un dos 29 polígonos agroforestais de Galicia, que se atopan en diferentes fases de execución e que supoñen a mobilización de máis de 9.300 hectáreas en toda a comunidade de Galicia.
Inicialmente os técnicos realizarán labores de levantamento de infraestruturas comúns, límites físicos e elementos naturais, para posteriormente analizar cos titulares as posibles discrepancias detectadas entre a cartografía existente e a realidade física das parcelas incluídas dentro do perímetro do polígono.
As reunións informativas serán convocadas nos próximos días, onde identificaranse as datas e lugar de atención aos veciños interesados. Para isto, levaranse a cabo reunións informativas cos propietarios, co fin de recoller os seus datos e a documentación acreditativa da titularidade das parcelas nas que existan discrepancias entre a información existente e a situación real dos predios.
Como resultado dos traballos, deberán obterse todos os datos relativos a quen posúe a parcela en concepto de dono, ás súas cargas e os gravames e situacións xurídicas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
español en el exterior
Varsovia se cita con el flamenco en el Instituto Cervantes
EL 4 DE OCTUBRE
El Día de la Bici alcanza su 30 edición en Ribadavia