Premio a Elixio Rivas pola súa colección etnográfica do Santuario dos Milagres
Dito premio entregarase o vindeiro outono e consistirá nun "rostrillo" do século XVII.
Amigos dos Museos de Galicia decidiu outorgar, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Museos, o Premio Pedra do Destino 2021 ao etnógrafo natural de Xunqueira de Ambía, Elixio Rivas Quintas. “Nesta ocasión se distingue a vida e constancia de don Elixio Rivas, que ademais de estudar as terras da Limia, pouco a pouco reuniu unha importante colección etnográfica do Santuario dos Milagres de Baños de Molgas”.
Dito premio entregarase o vindeiro outono e, nesta ocasión e tal e como subliñaron dende Amigos dos Museos de Galicia, “ademáis do apoio do colectivo, consta dun ‘rostrillo’ do século XVII, en relación co culto mariano, labrado en ouro e unha peza que conservaba un asociado deste colectivo”.
Amigos dos Museos de Galicia naceu no 1977 para ensalzar a función informativa das entidades que divulgan aspectos do ser humano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
negocios
El Mundial de fútbol, ¿en venta?
EXPANSIÓN INTERNACIONAL
Amancio Ortega dispara sus beneficios en Reino Unido hasta un 110%