Sobradelo volveu ser unha festa no seu V Tangaraño
celebración
Ó longo da xornada déronse cita un cento de persoas na aldea natal de Rochi Nóvoa
Xunqueira de Ambía disfrutou onte da xa quinta edición do Tangaraño Cultural, unha celebración que une música, tradición e cultura, xunto con actividades recreativas e de ocio na aldea de Sobradelo.
Ao longo da xornada, sucedéronse as actividades, como actuacións musicais, recitais de poesías, contos e música para rapaces, que remataron pola noite con máis música e queimada, que xa cáseque institucionalmente elaboran Manuel Nóvoa e Antonia Vázquez. Non faltaron tampouco nesta edición do evento os xogos populares para os máis cativos. Os asistentes tiveron a oportunidade de disfrutar do xantar que a prezos economicos ofrecía a organización.
O Tangaraño Cultural é unha iniciativa da poeta ourensán nada na localidade de Sobradelo, Rochi Nóvoa, que quixo xuntar unha vez ó ano á meirande parte de todos aqueles integrantes dos círculos poéticos e musicais da provincia e de fóra dela nunha xornada de convivencia aberta aos veciños da aldea e a todos os que ata alí se quixeran achegar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Extraños compañeros (de cama)
DÍA DE LA CONSTITUCIÓN
Un buen futuro está en las manos de los escolares de Ourense
SUELO INDUSTRIAL
Un incremento da superficie en máis de 340.000 metros cadrados