Varias lonas achegan Armea aos alaricanos
Son 24 en total e amosan nas rúas as excavacións realizadas ao longo da última década
Cando faltan poucos días para o comezo das excavacións no xacemento arqueolóxico de Armea (Santa Mariña de Augas Santas), dende o Concello de Allariz veñen de propoñer unha nova iniciativa divulgativa co obxectivo de achegar aos veciños todo o traballo realizado ao longo da última década neste entorno -unha efeméride celebrada polo propio Concello alaricano e a Universidade de Vigo-. Trátase de 24 lonas que xa foron colocadas polas principais rúas do casco histórico da vila e que se poderán visitar durante todo o periodo estival.
Dende o Consistorio calificaron esta iniciativa como “amena” e “didáctica” e da que se pode tomar parte mentres se da un paseo pola vila alaricana.
A mostra, tal e como subliñaron dende o Goberno local, está dividida en varias temáticas: As orixes, os materiais arqueolóxicos, o traballo de campo, o valor educativo, ou os medios dispoñibles, e inclúe varias vistas xerais inéditas da escavación.
A colección de imaxes, xurdiu froito do traballo de preparación da candidatura do proxecto Armea para os premios Hispania Nostra 2021 na categoría de Conservación do Patrimonio como factor de desenvolvemento económico e social.
As imaxes foron cedidas por parte de diversas fontes como o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, debuxos orixinais de Conde Balvís, o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón da Coruña ou o arquivo municipal do Concello de Allariz.
Durante todo o verán realizaranse varias iniciativas que buscarán poñer en valor o proxecto e o patrimonio arqueolóxico como unha ferramenta de protección e desenvolvemento do territorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la A-52 en la salida de Allariz
BALANCE DE LA COMARCA
Un año de punto y aparte en Allariz y Maceda
Lo último
Crisis en EEUU
Trump retira 700 agentes antiinmigración de Minnesota
CASO DE PRESUNTO ABUSO
Elisa Mouliaá se retira del caso Errejón: “Nadie debería cargar sola con algo así”