Xunqueira de Ambía converte unha casa cuartel nun espazo social
A vivenda comunitaria xa abriu as súas portas e o centro sociocomunitario fará o mesmo logo da chegada do mobiliario.
A antiga casa cuartel de Xunqueira de Ambía destinarase a partir destes momentos a fins sociais, concretamente, a vella infraestrutura foi remodelada grazas á cooperación entre administracións para albergar unha vivenda e centro sociocomunitario.
Na liña de favorecer os servizos de atención social nesta localidade, a Consellería de Política Social, a Deputación de Ourense e o propio Concello colaboraron nun proxecto que se fixo realidade recentemente e se completará, a falta da chegada do mobiliario, coa posta en marcha do centro sociocomunitario. Pola contra, a vivenda comunitaria xa abriu as súas portas e conta con oito usuarios.
Este luns visitaron todos estes servizos a conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do alcalde do municipio, José Luis Gavilanes Losada.
García sinalou que un dos obxectivos do Goberno galego é “modernizar e adaptar os servizos das zonas rurais ás novas necesidades da súa poboación”. Neste sentido, apuntou que esta actuación permitiu rehabilitar a antiga casa cuartel deste municipio, que se atopaba en desuso, e darlle unha triple función que proporcione aos cidadáns de Xunqueira de Ambía mellores servizos -o Goberno Galego achegou para esta finalidade máis de 200.000 euros-. A conselleira remarcou que esta actuación foi posible grazas á colaboración institucional entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello. “Este Concello demostrou compartir co Goberno galego o seu obxectivo de darlle aos nosos maiores os mellores servizos posibles”, afirmou.
Por último, a titular de Política Social aproveitou a súa visita ao concello de Xunqueira de Ambía para achegarse á escola infantil que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten neste municipio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
LUCHA POR RECONTRUIR
Barro en las calles de Viana, recuerdos bajo tierra y una normalidad aún lejana
nueva economía
La IA abre una nueva carrera por financiar centros de datos