TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
Un total de doce usuarios son os que ten na actualidade a vivenda comunitaria de Xunqueira de Ambía. Un espazo que ocupa as antigas instalacións da Garda Civil, adquiridas polo ente local e que foron rehabilitadas pola Deputación de Ourense para ofrecer este servizo social aos veciños maiores. Ademais, esta adecuación permitiu xerar seis postos de traballo.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou as instalacións xunto ao alcalde, José Luis Gavilanes, e reiterou a “firme aposta da Deputación para a colaboración cos gobernos locais” e o xeito no que se impulsou esta vivenda comunitaria “activando a economía local e ofrecendo un servizo máis á veciñanza”.
Na súa visita a Xunqueira, o representante provincial achegouse ata o colexio público “Padre Crespo” de Xunqueira de Ambía. Alí destacou o “positivo feito diferenciador” que supón o feito de contar cunha matrícula de 115 escolares nun concello que ten un censo de 1.600 habitantes. Neste senso, puxo en valor as “numerosas” actividades extraescolares que organiza e comprometeuse tamén a estudar a petición de construír un rocódromo pensado para os rapaces.
Por outra banda, dende o Concello de Xunqueira tamén se solicitou maquinaria para acondicionar unha finca anexa ao recinto escolar, cedida por unha veciña, que permitirá ampliar a zona de xogos dos nenos, e fíxose outra petición de colaboración para a mellora dun parque infantil.
Manuel Baltar e José Luis Gavilanes repasaron, con motivo do encontro, outras actuacións nas que coopera o organismo provincial, entre elas, a mellora do trazado da estrada entre Xunqueira e San Cibrao, ou a construción do cemiterio de Abeleda, que en dúas fases posibilitará facer preto de 200 sepulturas. Tamén se abordou o empedrado de 200 metros entre as prazas do Campo e do Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
REPARTO DE 23 DIPUTADOS
Ourense y A Coruña entran al apagado demoscópico con escaños en el aire
contradicciones afectivas
El 31% de jóvenes ve normal conocer dónde está su pareja
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 24 de noviembre
SOLO 2 COLOCAN AL PSOE PRIMERO
El apagón demoscópico arranca con PP y Vox por encima de la mayoría absoluta en todos los sondeos