O concurso “Allariz, Escaparate do Nadal” xa ten o seu primeiro gañador
APOSTA POLO COMERCIO LOCAL
O escaparate de Farmacia Páez resultou elixido gañador do primeiro concurso de escaparates de Nadal de Allariz
O Concello de Allariz puxo en marcha estas festas un concurso de escaparates co fin de poñer en valor o traballo que o comercio local realiza cada Nadal. Este certame, baixo o nome “Allariz, Escaparate do Nadal”, contou coa participación de 25 establecementos.
Este luns tive lugar a visita do xurado polos escaparates dos inscritos nesta primeira edición do certame e, tras valorar as diferentes propostas, e atendendo aos criterios establecidos nas bases (creatividade, orixinalidade, uso de materiais naturais ou sostibles, harmonía da proposta, espírito do Nadal e capacidade de atraer ao público), o xurado decidiu conceder o Premio Único ao establecemento Farmacia Páez.
O xurado estivo formado por representantes municipais, persoas vinculadas ao ámbito do deseño así como por veciños, parte fundamental dos que desfrutan destes deseños. Os representantes municipais destacaron a “alta implicación e creatividade” da decoración de tódolos escaparates”, que contribúen a crear unha atmosfera “festiva e acolledora” nas rúas durante o Nadal.
Mencións especiais
O xurado recoñeceu o traballo doutros establecementos con mencións especiais á sostibilidade (Florería de Margarida), á creatividade estética (A Mariñeta), á coherencia temática (Aira das Letras), á orixinalidade (Sneakers Nº2), ao escaparate sen escaparate (Lotería A Meiga), ao emprendemento e á iniciativa (Barbería Focus) e pola súa implicación e aportación (comerciantes da rúa Castelao).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSCRIPCIÓNS ATA O DÍA 24
Allariz inicia o curso das súas escolas culturais
FESTIVAL DE CURTAS
O actor e humorista David Amor recibe en Allariz o Premio RiR Contigo
PLAN FAMILIAR
O Mago Teto unirá en Allariz o rock galego coa maxia
Lo último