FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
Presentacións dos proxectos
A segunda xornada do programa “Acceso á cultura en Galicia 2025”, posto en marcha pola Comisión Técnica Temporal de Xestión de Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega, terá lugar hoxe na Casa Vella de Amiadoso. Nesta ocasión tratará sobre o “Acceso á cultura e territorio”, respondendo a preguntas referentes ós proxectos culturais que se adapten ás dinámicas e realidades territoriais.
Dende as 10,00 horas comezarán as presentacións dos proxectos que participan nesta sesión. Ademais da Casa Vella, presentado por Nuria Sotelo, achegaranse outros proxectos como o Festival Agrocuir, o Convivio da Cultura Galega, o Outono Fotográfico, o MIT Ribadavia e o Festival Arteficial, A Palleira de Sarria e o Festival dos Eidos. Cada unha destas iniciativas serán presentadas por organizadores destes proxectos que chegan a Allariz de toda Galicia.
Os relatorios serán gravadas e subidas ó sitio web na maior brevidade posible para o desfrute de todos. A media mañá farase unha pausa para visitar tanto a Casa Vella como a aldea de Amiadoso. Ás 14,00 horas rematará a xornada logo dunha posta en común dos puntos de vista da realidade cultural no interior de Galicia.
Roberto Pascual será o coordinador desta xornada que procura poñer en valor a pluralidade de formatos, linguaxes e territorios que están a alimentar o tecido cultural galego desde a base, apostando por modelos sustentables, inclusivos e transformadores.
O Consello da Cultura Galega (CCG) leva desde 2023 traballando especificamente os dereitos culturais, que nos últimos tempos está a consolidarse como unha corrente que ter moi en conta nas políticas culturais públicas doutros territorios. Durante este ano a Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do CCG quere continuar traballando nesta corrente co obxectivo de analizar se as políticas culturais galegas están seguindo este novo paradigma.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
POESÍA NA VILA
Versos e música tomarán as rúas de Allariz no XI Poemagosto
PLAN *BEN_ESTAR*
El pabellón del instituto alaricano estrena cubierta
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy domingo, 11 de octubre
Más de 400 EDIFICIOS DAÑADOS
Panamá declara el estado de emergencia tras el terremoto sufrido