O Festival Literario de Allariz celebrará a pluralidade
CULTURA
Reunirá a Miquel Martín i Serra, Garazi Albuzua, María Alonsos, Isaac Xubín, Cristina Sánchez e Suso de Toro
A cuarta edición do Festival Literario de Allariz (FLAZ) está a piques de comezar. Os días 4 e 5 de xullo estarán en Allariz os autores Miquel Martín i Serra, Garazi Albizua, María Alonso Seisdedos, Isaac Xubín, Cristina Sánchez-Andrade e Suso de Toro.
España ten literaturas diversas. Créase en galego, éuscaro, catalán e castelán. Para que cada literatura medre é imprescindible a tradución. Destes e doutros temas falarase neste FLAZ.
“Literatura e loita de clases”, un diálogo entre Garazi Albizua e Miquel Martín i Serra, será o primeiro encontro deste cuarto FLAZ, na tarde do venres, 4 de xullo, na Sala de Exposicións.
“A tradución literaria como resistencia fronte ao automatismo” é o título do diálogo entre María Alonso Seisdedos e Isaac Xubín, que terá lugar o sábado, 5 de xullo, ás 12,30 h na sala de exposicións A Fábrica.
Xa na tarde do sábado terá lugar o encontro entre Cristina Sánchez-Andrade e Suso de Toro baixo o título: “O estilo literario na idade de ouro da trama”.
“Pontes e canles: Escrita, tradución e mercado literario”. Así se titula a mesa redonda coa que remata o FLAZ na tardiña do sábado, 5 de xullo, coa participación dos seis convidados: Garazi Albizua, María Alonso Seisdedos, Miquel Martín i Serra, Cristina Sánchez-Andrade, Suso de Toro e Isaac Xubín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRIMERA EDICIÓN
Contempo llega a Allariz para unir arte y música en el rural
FIESTAS PATRONALES
Multitudinaria devoción para despedir el San Bieito en Allariz
PRODUCTO DE CALIDAD
Del monte al plato: Allariz marida prevención de incendios y tradición
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo 26 de julio