Premio a catro décadas de humor e retranca
Festival RiR
Xosé Lois González recibiu o premio RiR Contigo polo seu “Carrabouxo”
O Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz (RiR) celebrou onte a súa gala de clausura, que puxo fin a 8 días de cine na vila alaricana, cunha emotiva homenaxe á obra de Xosé Lois González, “O Carrabouxo”, xa que o autor recibiu o Premio RiR Contigo desta oitava edición polas súas máis de catro décadas de viñetas cheas de humor e retranca en La Región.
A gala de clausura desta edición estivo conducida por Isabel Risco, e nela fíxose a entrega de premios ás mellores curtas deste ano, elixidas polo xurado, e o premio do público, que este ano recaeu na curtametraxe La Mort, de Jesús “Nota” Martínez.
Dentro das diferentes categorías, a curtametraxe máis laureada foi “Trece Gatos”, que recibiu o premio “Cruz Risco” ó mellor guión para David Gaspar e Elena Garrote, e á mellor interpretación para Ariadna Llobet.
A mellor curtametraxe de ficción deste ano foi “La reina del pop”, mentres que a mellor curta de animación recaeu en “Cortes tontos”. O recoñecemento á mellor dirección foi para Aurélien Laplace, ca súa curta “Le Dérapage”.
Na categoría de mellor curta documental ou mockumentary a gañadora foi “La Boda”, de Andrea Bilbao, cunha mención especial do xurado a “Selftape”, de Sergio Álvarez.
Xosé Lois González, “digno sucesor de Castelao”, como dixo Isabel Risco, recibiu o premio RiR Contigo desta edición, e fixo unha reivindicación do humor e o moito que se castiga, porque “a risa é un símbolo de intelixencia”.
Óscar Doviso, director do festival, explicou que este ano “subimos o número de espectadores”, o que consideran “moi positivo”.
Pola mañá tivo lugar a presentación de “El universo de Jack Lemmon”, que contou coa participación de Jaime Iglesias e Carlos Gurpegui. Á hora do vermú, o colectivo escénico TIC interpretou a danza-teatro “Ou” na Praza Maior da vila, unha peza-homenaxe ó Carrabouxo. Xa pola tarde, o albergue alaricano acolleu a estrea da serie “Delirio sketchs”, de Bea Saiáns, e a retransmisión da serie do Carrabouxo de Lhosca Arias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
BALANCE DEL VIAJE A ESTADOS UNIDOS
Inteligencia Artifical, clima y cooperación tecnológica: los cuatro acuerdos que Illa cerró en California
DÍA INTERNACIONAL DE LOS MUSEOS
Ourense presenta la menor oferta museística de Galicia
ANTES DE NOVIEMBRE
Ourense inicia la cuenta atrás de su primer refugio climático