AMOEIRO Y XINZO DE LIMIA
Las viviendas comunitarias cerradas, todavía sin fecha de reapertura
Amoeiro lanza a primeira edición dos seus Premios, froito da colaboración público-privada, cos que distinguirá a veciños do municipio que loitan polo ben común. O Concello e as empresas Amoeiro Rincón, Avícola Amoeiro e Tanatorio Orensano detallaron ponte as bases duns galardóns que buscan recoñecer as achegas da veciñanza.
O alcalde, José Luís González, xunto a representantes das empresas locais patrocinadoras e organizadoras —Amoeiro Rincón, Avícola Amoeiro e Tanatorio Orensano—, desvelaron os pormenores duns galardóns que nacen para “recoñecer a aqueles veciños e veciñas que contribuíran positivamente ao ben común da comunidade”.
Na presentación subliñouse a clara división de responsabilidades: as tres empresas asumirán a organización integral do evento, mentres que o Concello colaborará cedendo o espazo para a gala -que será no Campo do Souto o no pavillón-, o mobiliario necesario e a organización dun cóctel final no que se exaltarán os produtos locais.
Un dos aspectos máis destacados do regulamento é o minucioso proceso de elección para manter o suspense ata o último momento. As candidaturas, que deberán ter un vencello demostrado con Amoeiro, serán propostas polos grupos políticos con representación municipal e as empresas antes do 25 de agosto para esta primeira edición.
Posteriormente, o 6 de setembro, reunirase un xurado plural composto por membros das empresas organizadoras, un representante de cada partido político, a dirección do CEIP Ramón Otero Pedrayo, a presidencia da Fundación Otero Pedrayo e o Brigada da Garda Civil de Tamallancos.
A votación será secreta e en sobre pechado. Todos os votos gardaranse nun único sobre que será custodiado persoalmente polo alcalde ata o inicio da gala. O reconto realizarase xusto antes da cerimonia, en presenza do xurado. En caso de empate, as empresas organizadoras terán un voto de calidade.
A primeira gala de entrega celebrarase o vindeiro 13 de setembro. O premio consistirá nun ramo de flores e un trofeo co logo do Concello. De cara a vindeiras edicións, a intención é fixar a data no primeiro sábado de xuño e mesmo incorporar novos concursos abertos a toda a cidadanía.
As categorías fixadas para este ano son: Arte, Cultura, Deportes e Educación; Traxectoria profesional (mínimo 20 anos); Cidadán do ano (con categoría moza de 18 a 35 anos); Emprendedor do ano; Servizo público, voluntariado e seguridade cidadá; e Comisión de festas do ano. Ademais, entregarase un Premio Honorífico cuxa decisión final recaerá nos organizadores.
O regulamento especifica que unha persoa premiada non poderá selo de novo polos mesmos méritos, aínda que si poderá volver ser candidata. Con esta iniciativa, Amoeiro senta as bases duns premios que aspiran a converterse en referente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AMOEIRO Y XINZO DE LIMIA
Las viviendas comunitarias cerradas, todavía sin fecha de reapertura
HECTÁREAS DESCONOCIDAS
Ourense sufre un nuevo incendio en Amoeiro tras estabilizarse el de A Gudiña
EL ÚLTIMO EN SER RESCATADO
Un perro quedó olvidado tras el cierre de la residencia Jardín en Amoeiro
Lo último