Política

Acordo unánime en Xinzo para abrir o centro ocupacional

Os grupos políticos do Concello de Xinzo acordaron por unanimidade pedir a reapertura inmediata do centro ocupacional da asociación Limisi. Ademais dos concelleiros dos partidos que forman o grupo de goberno (PSdeG-PSOE, AXIL e BNG), tamén votaron a favor tanto o PP como Cidadáns, ambos na oposición.

Nun primeiro momento, a Xunta de Galicia anunciou a apertura deste tipo de centros  ao entrar na fase 2 da desescalada, se ben a continuación fixou como nova data a do 1 de setembro. Por iso, o acordo insta a que as consellerías de Política Social e de Sanidade reconsideren a súa postura e trasladen ao presidente do Goberno de Galicia a necesidade urxente de que se poidan abrir os centros ocupacionais, e os gabinetes de rehabilitación das entidades sen ánimo de lucro. Tamén pedirán a outros 16 concellos que se sumen a esta demanda.

Te puede interesar