CULTURA

A Biblioteca da Limia inaugúrase esta tarde en Vilar de Santos

O acto contará coa presenza do director da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e do alcalde da vila, Xan Jardón

O Padroado do Museo da Limia inaugurará esta tarde, ás 19,00 horas, a súa nova biblioteca nun acto que contará coa presenza do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e do alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón.

A mostra aglutinará obras de máis de 50 creadores procedentes de distintos eidos como a literatura ou o audiovisual, e contará cunha base de datos bibliográficos que alcance todo aquelo que se publicou ou se publique e que estea vencellado á comarca. A Biblioteca da Limia xa conta con máis de 200 volumes doados polos propios autores da zona ou polas súas familias.

O evento estará animado por Carmen Penín, que interpretará algunhas pezas musicais.n

Te puede interesar