CORAZÓN AGRÍCOLA
La cebada gana terreno entre los cultivos habituales limiaos
O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” recibiu o premio ao Desenvolvemento Rural de Galicia na categoría de interese social. O acto de entrega de distincións tivo lugar en San Domingo de Bonaval. Máis de medio cento de candidaturas presentáronse a algunha das oito categorías: de mocidade, para persoas de menos de 40 anos; paisaxe rural, para iniciativas de intervención, mellora e posta en valor das paisaxes rurais produtivas de Galicia nas que se integren os elementos e valores culturais e naturais co aproveitamento agrario; de interese social, para aqueles proxectos orientados á integración de colectivos desfavorecidos ou do coidado dos maiores; categoría de turismo; do sector agro gandeiro; de mulleres, para iniciativas levadas a cabo ou encabezadas por elas; de innovación tecnolóxica e, por último, de recuperación e posta en valor da terra agraria.
O acto foi organizado e guiado por Xiana Albor, comunicadora ambiental, e a primeira en tomar a palabra foi Inés Santé (directora de Agader), que entre outras cousas agradeceu a nutrida presenza de autoridades (secretarios xerais, directores xerais, delegado da Xunta en Ourense e conselleiro de Medio Rural) e o recoñecemento ós proxectos singulares presentes.
Tras lembrar as máis de 90 iniciativas xa recoñecidas dende o 2003 na que naceron estes premios, pasaron a ir dicindo as dúas finalistas en cada categoría, para inmediatamente descubrir o proxecto gañador coa entrega dun galardón.
A dotación orzamentaria total que destina a Consellería do Medio Rural a estes galardóns é de 80.000 euros, a razón de 10.000 euros para cada un dos gañadores participantes nas oito categorías establecidas.
O obxectivo destes premios é recoñecer por parte do Goberno galego aquelas iniciativas que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada.
O acto contou con dúas actuacións, a do Mago Teto e a de Catuxa, e rematou coa intervención do Conselleiro de Medio Rural, José González, que falou do acto coma “un evento especialmente querido” e fixo un percorrido por cada unha das experiencias gañadoras e unha referencia cando falou do CDR O Viso a “unha comarca tan extraordinaria como a Limia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CORAZÓN AGRÍCOLA
La cebada gana terreno entre los cultivos habituales limiaos
TECNOLOGÍA EN EL RURAL
Los drones se alían con el agro ourensano para asumir tareas complejas
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
Lo último
FESTIVIDAD DE LA CANDELARIA
El Hogar Canario Venezolano de Caracas celebra a la Virgen de Candelaria
ACCIDENTE MORTAL
Desenlace fatal en Verín de un viaje de amigos a los Picos de Europa