O Certame de Debuxo do 25N de Vilar de Santos implica aos máis pequenos
O prazo de presentación de obras para o Certame de Debuxo do 25 de novembro de Vilar de Santos será ata o día 20. Poderán participar todos os nenos do concello de entre 3 a 14 anos, co obxectivo de sensibilizarles sobre a igualdade e a diversidade. Tamén buscan implicar á veciñanza no respecto ás diferencias, e na loita por unha sociedade libre, máis igualitaria, segura e tolerante.
Os debuxos presentados deberán mostrar os valores da igualdade, a diversidade e o respecto e tolerancia, das orientacións sexuais, crenzas relixiosas (a técnica será libre). Serán presentados e publicados nas redes sociais e os debuxos poderán ser empregados ademais como base para a realización de calendarios, axendas escolares ou calquera outro que se poida estimar por parte do Concello.
O xurado estará composto polo alcalde, un concelleiro e a traballadora social do Concello, sendo o seu veredicto inapelable. O debuxo gañador darase a coñecer nas redes sociais do Concello o día 25 de novembro. O premio consistirá nun vale para material didáctico e tamén haberá un pequeño agasallo para cada participante.
O Concello deu conta tamén dos resultados obtidos no ano 2023 polo Servizo de Promoción da Igualdade e prevención da Violencia de Xénero do Concello de Vilar de Santos, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia a través da Consellería da Promocion de Emprego e Igualdade.
As actividades, que estaban dirixidas ás mulleres do concello, comezaron en xuño, e estiveron relacionadas coa promoción da saúde e o autocuidado das mulleres, mellora da súa autoestima e outras habilidades que contribuíron a asentar coñecementos, gañar autoconfianza e reforzar as posibilidades de integración social e laboral das participantes. O resultado máis positivo foi o incremento da participación, que aumentou ata as 34 participantes, atraídas polas actividades de promoción da saúde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DEFINIR SU FUTURO
El Ontime mirando al Penya Esplugues con un ojo en la Copa
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 25 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este miércoles, 25 de febrero, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Miércoles, 25 de febrero