Charlas e concertos para conmemorar o 8M en Xinzo

Unha das principais preocupacións do Concello de Xinzo pasa pola fenda dixital e, por medio da Escola Rural de Saúde da Limia, abordarase esta temática o vindeiro 24 de marzo.

A conmemoración do 8 de marzo en Xinzo estenderase ao longo de todo o mes de marzo con diferentes actividades informativas e conmemorativas. O Día Internacional da Muller arrincará o martes na praza Maior da vila, lugar onde se instalará unha carpa informativa para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Este punto estará a cargo de persoal do Centro de Información á Muller e a el poderá achegarse a cidadanía en horario de 09,00 horas a 13,00 horas. Neste senso, a partir das 10,00 horas está prevista unha concentración e a lectura da declaración institucional do Concello de Xinzo de Limia.

Os puntos de sensibilización retomaranse o vindeiro día 10 na Aula Cemit da Casa da Cultura e, a partir do día 15 de marzo, nos locais sociais dos pobos. Nestes núcleos haberá xornadas específicas das que se ocuparán os traballadores do Centro de Información á Muller.

Unha das principais preocupacións do Concello de Xinzo pasa pola fenda dixital e, por medio da Escola Rural de Saúde da Limia, abordarase esta temática o vindeiro 24 de marzo. O encontro comezará ás 18,00 horas. 

MÚSICA E IGUALDADE

Non faltarán as propostas musicais para conmemorar o Día Internacional da Muller na capital limiá. Así, para rematar a programación, o día 26 de marzo, organizouse o concerto “Converxencias” a cargo da Agrupación Musical da Limia. Nel as mulleres terán todo o protagonismo. 

O espectáculo estará dirixido por Carmen Ferreiro, directora da orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela e María Mendoza, compositora e mestra do Conservatorio de Ourense. O acto comezará a partir das 19,00 horas.

Te puede interesar