PREVENCIÓN DE INCENDIOS

O Concello de Sandiás realiza a limpeza das áreas recreativas

Participantes en la campaña de limpieza del año pasado en Sandiás.
photo_camera Participantes en la campaña de limpieza del año pasado en Sandiás.
O concello recorda a obriga legal da limpeza das fincas e terreos, e cumprir coas medidas de prevención de incendios

Durante este mes de maio teñen actuado os operarios do Concello de Sandiás, realizando labores de limpeza, especialmente nas áreas recreativas das distintas aldeas do concello que son os espazos públicos que máis utiliza a veciñanza para o lecer.

Chegado o verán, nenos e nenas xogan nestes lugares e os adultos comezan os paseos e descansan e charlan nas súas sombras. Por iso, o Concello de Sandiás tenta que poidan gozar destes espazos nas mellores condicións posibles. O “Obradoiro de Emprego Peregrino” ten tamén desenvolvido labores de limpeza en diferentes zonas urbanas de diferentes aldeas.

Fíxose unha primeira limpeza nas áreas recreativas por parte dos operarios do Concello na Lavandeira, Cardeita, A Chouselsa, Arcos, Vilariño, O Souto de Sandiás, As Pegas, San Benito da Uceira, Couso, xardíns ao carón do concello, patio do CEIP e PAI de Sandiás e A Fontela.

Tamén se incorporou un novo cubrecontedores máis na aldea de Piñeira de Arcos, ao carón do cruzamento do Camiño de Santiago en dirección a San Salvador dos Penedos.

Respecto a limpeza na contorna das vivendas, o concello de Sandiás lembra que a Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, establece faixas e perímetros de protección de 50 metros.

A Lei de Incendios obriga aos propietarios á limpeza de terreos e fincas comprendidas neste perímetro de 50 metros desde edificacións e vivendas.

O prazo de realización das limpezas estenderase ata o 31 de maio de 2024, inclusive. Polo tanto, o Concello de Sandiás recorda e anima a veciñanza, a obriga legal da limpeza das fincas e terreos, e cumprir coas medidas de prevención de incendios.

Compre seguir crecendo en sensibilidade na limpeza e roza das áreas de biomasa da contorna dos núcleos de poboación, tanto nas parroquias non priorizadas como na priorizada (Santo Estevo de Sandiás).

Te puede interesar