Precampaña Vilar de Santos

CxG presenta unha lista para gobernar ‘catro anos máis' en Vilar de Santos

uploaded_vilars_result
photo_camera Imaxe da candidatura de CXG en Vilar de Santos, onde gobernou estes anos sen oposición.

Segundo Xan Jardón, candidato á reelección, continuarase así un "proxecto colectivo, unha forma de entender a política e a xestión municipal posta a disposición de todos os veciños e veciñas"

Compromiso por Galicia (CxG) presentou a súa lista coa que opta a continuar gobernando outros catro anos o Concello de Vilar de Santos.
Segundo Xan Jardón, candidato á reelección, continuarase así un "proxecto colectivo, unha forma de entender a política e a xestión municipal posta a disposición de todos os veciños e veciñas". A candidatura está integrada por veciños do concello, mulleres e homes, "dispostos a aportar e continuar e innovar o proxecto ilusionante, galeguista e de progreso".

Te puede interesar