Festas en Santa María de Faramontaos en honra á nosa señora da Asunción
En Santa María de Faramontaos celebrarase a festa en honra á Nosa Señora da Asunción dende o día 12 ata o 15
En Santa María de Faramontaos celébrase esta festa en honra á Nosa Señora da Asunción en agosto. Celebraranse actos relixiosos en honra á virxe e as xornadas de festa estarán amenizada por actuacións musicais.
Sábado 12
Comezan as festas en Faramontaos en honra á Nosa Señora da Asunción a partir das 20,00 horas coa asamblea de asociación de veciños e a degustación dun viño galego. Ás 21,00 horas, actuación do grupo Os do Fuelle e discoteca móbil e karaoke con Dj Vila.
Domingo 13
Ás 19,00 horas celebrarase unha gran festa infantil con karaoke e colchóns, e servizo de comida con Galetruck. Ás 23,00 horas dará inicio a actuación do grupo Broken Peach e discoteca móbil con Dj Vila.
Luns 14
Pola noite celebrarase unha gran verbena co grupo Area e a partir das 03,00 horas, actuación do Dj Sandín.
Martes 15
Comeza o día de festa con pasarúas e con charangas ao longo da mañá, ás 12,30 horas celebrarase a procesión e misa solemne en honra á Nosa Señora da Asunción. A continuación dará inicio a sesión vermú e festa co grupo Xoldra.
“A festa son 4 días, un día para a asociación. O domingo, luns e martes as festas son para todos os veciños. O domingo traemos o grupo Broken Peach, tamén haberá unha Foodtruck. O luns e o martes temos a típica verbena de festa”, conta Maica, da comisión de festas de Faramontaos.
“Comezamos en abril a organizar, e levamos tres anos sin a festa por culpa da pandemia. O ano pasado non se fixo porque ninguén a organizou. A útlima vez foi no ano 2019, polo que esperamos que a xente teña moitas gañas de festa e se anime a vir”, explica Maica.
“Na praza do pobo temos o campo da festa, onde se vai festexar todo. Somos seis persoas da comisión, tres homes e tres mulleres. Esperamos que salga todo ben e a xente poida desfrutar das festas de Faramontao”, conclúe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
EN CONFIANZA
Carlota Cao, doble premio por su joyería artística
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman