NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
INTERPRETACIÓN
A Lagoa da Antela protagonizou onte en Sandiás, os actos conmemorativos do Día Mundial dos Humidais organizados por SEO/BirdLife, en colaboración coa Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).
O Centro de Interpretación foi o escenario dunha xornada especial onde se falou da historia e do futuro deste “humidal esquecido” que foi desecado a mediados do século pasado da man de Serafín Prieto da SGHN, pero das posibilidades da súa recuperación parcial e da riqueza ornitolóxica con Diego Rodríguez. Gustavo Ferreira, delegado de Seo Bird Life, foi o encargado de abordar a situación actual dos humidais en España que, segundo un recente informe, “ o 70% dos humidais a nivel nacional están en mal estado”, dixo, enfatizando o contexto actual cun climia cambiante e as agresións humanas. A peor parte, dixeron, está nas rexións mediterránea. No caso do clima atlántico, é un pouco mellor pero sen descoidarse”, dixo.
A xornada concluíu cunha visita dos participantes aos humidais da Limia, cun percorrido pola zona das areeiras e tamén na Veiga de Gomareite.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
Tensión en el Pacífico
Corea del Norte prueba una bomba de racimo que puede ser acoplada en misiles balísticos
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín