As melloras na casa da cultura de Xinzo chegan aos 24.000 euros

undefined
photo_camera Alén estivo acompañado pola rexedora local, Elvira Lama, e o resto do equipo de goberno.
Colocouse chapa "sándwich", impermeabilizouse a terraza e ampliouse o corpo de chegada do ascensor. 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, achegouse ata a capital limiá co obxectivo de visitar unha das obras coas que a entidade autonómica -a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade- colaborou recentemente: a mellora da cuberta da casa da cultura, que se levou a cabo grazas a unha das subvencións que se conceden ás entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais. Neste caso, a achega foi de 24.000 euros e permitiu solventar o problema das filtracións de auga que estaban a poñer en risco o interior. Así, procedeuse á colocación de chapa "sándwich", impermeabilizouse a terraza, ampliouse o corpo de chegada do ascensor e substituíronse os caleiros.

O representante autonómico en Ourense, que estivo acompañado na súa visita a Xinzo pola rexedora, Elvira Lama, e varios membros da Corporación local, explicou que "as casas da cultura son centros dinamizadores da vida cultural e social dos pobos, que involucran a toda cidadanía, por iso debemos telas sempre nas mellores condicións, para que os veciños e veciñas desfruten do seus servizos e participen das súas actividades".

Te puede interesar