“Mulleres símbolo do rural” chega a Arnuide
A mostra, promovida pola Escola Rural de Saúde, xa pasou por Porqueira e por Xinzo de Limia
A mostra “Mulleres símbolo do rural”, promovida pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia e protagonizada por mulleres que realizaron un importante labor na Comarca da Limia en diferentes eidos -fotografía, medicina ou etnografía, entre outros moitos ámbitos-, chegará a Vilar de Barrio logo de ser inaugurada no Concello de Porqueira, o pasado mes de abril, e pasar polo Concello de Xinzo.
A inaguración será este venres 20 de maio, a partir das 18,00 horas, no Centro Social de Arnuide, no Concello de Vilar de Barrio.
“Mulleres símbolo do rural” conta tamén co respaldo da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade; da Deputación e do Goberno central. Protagonizada por diferentes mulleres, pretende facer un repaso ás diferentes achegas que fixeron á hora de conformar a identidade cultural e desenvolver o rural da Limia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Fillos da máquina
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo
DERROTA 1-0
El Atlético dice adiós sin coraje en semifinales