PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
FORMACIÓN
Os participantes no obradoiro de emprego “Emprego do Peregrino” veñen de realizar unha serie de visitas a negocios da zona da Limiacomo parte da súa formación.
As empresas ás que acudiron as persoas que estiveron estes meses desenvolvendo as súas aptitudes están relacionadas co mundo da carpintería e da xardinería.
Deste xeito, búscase ao remate do obradoiro a inserción laboral dos participantes no sector empresarial no que se estiveron formando, neste caso grazas ás prácticas de traballo que levaron a cabo.
Os alumnos e alumnas do obradoiro quedaron “moi contentos” coas visitas guiadas e de formación que realizaron, e das que sacarán “moito proveito”. Alén disto, aproveitaron a ocasión para agradecer a atención prestada polos responsables das empresas visitadas.
Os concellos de Sandiás e de Xinzo de Limia volveron unir as súas forzas este pasado ano para solicitar conxuntamente este obradoiro de emprego, cunha duración de doce meses, e que ofrece prácticas de traballo e cursos de formación a 20 alumnos de ámbalas localidades.
Xinzo e Sandiás están a aproveitar este obradoiro para realizar novas obras de acondicionamento e mantemento nas vilas, favorecendo á vez a inserción laboral de persoas desempregadas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
SEGUIMIENTO DE AVES GALLEGAS
La Xunta estudiará tres tipos de aves en A Limia
Lo último
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
La niebla
PLAN COOPEROU
Menor destaca a Avión como ejemplo de gestión
42 REPRESENTANTES
Ribeira Sacra exhibe su riqueza natural en la Cumbre del Paisaje