O PP de Xinzo reitera as queixas polo parking de Curros Enríquez

Dende o grupo de goberno aseguran que nuns días iniciarase o terceiro compactado, e lamentan que as fochancas son habituais cando se trata de aparcamentos elaborados con zahorra, pero que "aprenden dos erros". 

O Partido Popular de Xinzo vén de reiterar as súas queixas polo estado no que se atopa o aparcamento disuasorio da rúa Curros Enríquez. Lamenta a situación de “abandono” que padece dita superficie, a cal denuncia que se encontra “chea de fochancas e buratos” particularmente “nas súas entradas e saídas”, algo que a volve “intransitable”.

Por outro lado, os populares critican a “falta de mantemento” nas actuacións feitas polo executivo local. Ademáis, aproveitan para calificalas de “escasas” -tamén no tocante aos servizos-: “O estado catastrófico de dito parking é un exemplo máis desta desidia”, censuran dende o partido da oposición, que engade que “coas escasas choivas acaecidas este ano o arranxo xa debería estar feito e non demoralo máis”. 

“APRENDEMOS DE ERRORES”

Pola súa banda, o edil responsable de Obras, Ramón Gómez Salgado, explicou que o problema referenciado polos populares xa se puso novamente en coñecemento da empresa responsable que, nos vindeiros días, procederá a realizar o terceiro compactado -a “coste cero”, matizan dende o Concello-: “Es una situación habitual en los aparcamientos con zahorra. Por eso, el aparcamiento de la rúa Celanova ya lo hemos hecho de otra manera. Nosotros aprendemos de los errores”, dixo o concelleiro.

Te puede interesar