A Limia

Rairiz de Veiga recibiu tres millóns da Xunta

rairiz de veiga
photo_camera Marisol Díaz Mouteira e a rexedora de Rairiz, Asunción Morgade.
Entre as obras acometidas está a da parcelaria de Guillamil-Sabariz

Durante os últimos catro anos, o Concello de Rairiz de Veiga percibiu preto de tres millóns de euros por parte da Administración Pública Galega. As achegas dividíronse en 620.000 euros en materia de subvencións, máis de 320.000 euros en convenios e máis de dous millóns de euros para outras actuacións. 

Segundo a representante da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, estes fondos serviron para realizar, entre outras, a reestructuración parcelaria Guillamil-Sabariz (compartida co Concello de Vilar de Santos), as melloras de camiños municipais, a construcción dun velatorio, a mellora do acceso e sinalización da famosa Carballa da Rocha, actuacións de acondicionamento do colexio Carlos Cid Arregui e distintas iniciativas vencelladas coa prevención e defensa dos incendios forestais, ademais de poñer en marcha obradoiros de emprego. 

Díaz Mouteira reuniuse coa rexedora de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, para analizar todas estas melloras e trazar novas liñas de colaboración para a mellora da vida municipal. "Aunando esforzos pódense levar a cabo actuacións que benefician aos cidadáns", asegurou Díaz Mouteira.

Te puede interesar