QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
O Concello deVilar de Santos vén de rematar a fase inicial para a recuperación paisaxística e patrimonial da aldea de Saa, de interese etnográfico e arqueolóxico.
O plan contou cunha axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural que ascendeu a 29.505,92 euros -o Concello de Vilar de Santos contou cunha porcentaxe de axuda do 80 por cento, é dicir, 23.189,20 euros- e que permitiu acometer actuacións de saneamento, recuperación paisaxística e de mellora do entorno sobre todo o conxunto, así como sobre cada unha das edificacións en particular.
Unha das intervencións centrouse no coñecido como Parque Didáctico SApere Aude, un espazo que pretende emerxer como un enclave para a divulgación da experimentación e aprendizaxe do pasado. A actuación realizada, tal e como informaron dende o Consistorio, ten como finalidade crear un entorno atractivo para colectivos da infancia e da xuventude no que se poida coñecer como eran os procesos de elaboración e uso de ferramentas no pasado. Tamén os tecidos, a cerámica, os oficios, o traballo no agro ou a relación co medio.
A actividade neste centro complementará a outras iniciativas e temáticas expostas no Museo Etnográfico da Limia, situado a poucos metros de Saa. Os dous espazos actuarán, en definitiva, como elementos complementarios para unha mesma visita didáctica ao lugar. Precisamente, con esta finalidade organizarase nos próximos meses un congreso e un campo de voluntariado internacional.
Un dos obxectivos fundamentais desta intervención non é outro que o de rematar cos problemas de seguridade e salubridade, que o abandono do proxecto de recuperación do espazo e dos seus inmobles -a comezos do XXI asinouse un convenio entre a Consellería de Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Vilar de Santos, que non chegou a rematarse- estaba ocasionando. Ditas instalacións sufriron ataques vandálicos e roubos.
Logo da actuación, o alcalde de Vilar de Santos, Antonio Míguez, comprometeuse “a encher de vida” este enclave.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último