Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, visitou este xoves as instalacións do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso -pertencente á entidade Terra e Xente, que ten como obxectivo acompañar ás persoas afincadas no rural, desde os máis pequenos ata os máis maiores- en Sarreaus. González Abeijón, que puxo en valor o traballo realizado polos seus profesionais, percorreu as instalacións e puido coñecer diferentes espazos como a vivenda comunitaria, a cociña, ou o comedor social, entre outros. Ademais coñeceu de primeira man os programas levados a cabo neste centro, como o de Aldeas activas e saudables, ao que a Xunta de Galicia achega máis de 50.000 euros e que se centra na promoción da autonomía, prevención da enfermidade, loita contra o illamento e soidade e no empoderamento das persoas maiores do rural.
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade destacou o labor levado a cabo por estas entidades que traballan no envellecemento activo, na participación social e na prevención da dependencia das persoas maiores que viven no medio rural. Ademais, González destacou que este foi un dos colectivos que se viron “máis afectados” durante este ano de pandemia e que agora “é o momento de recuperar todas as actividades” que ata este momento non se puideron levar a cabo polos protocolos de prevención sanitarios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
Lo último
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Trump, Rusia y el precio del petróleo
16 KILÓMETROS DE HOMENAJE
Paso a paso, sin olvidar a Willy: más de cien personas se reúnen para honrar su memoria
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Contrato de amor
UNA VIDA DE COLECCIÓN (LII)
“Kaos vive”, grito de guerra de un autor de pintadas